viernes, 3 de enero de 2014

80 Vinilos/h, incorpórase á programación de TTRadio.

Logo de TTRadio

A partir do vindeiro luns 6 de xaneiro de 2014, TTRadio se suma á difusión de 80 Vinilos/h. TTRadio é unha emisora sen ánimo de lucro que emite vía internet cuxa programación outorga un protagonismo especial á musica. Xunto a Rádio FilispiM, 93.9 FM, son xa dúas as emisoras que redifunden a cara "B" da música estatal dos 80´s.

Quero agradecer dende aquí ao seu responsábel, Jose Antonio Ayala Muñoz, por terse interesado polos contidos de 80 Vinilos/h tal e como se producen orixinalmente, en idioma galego. Tendo en conta que a base de TTRadio é a Comunidade Valenciana e a súa cobertura internacional, non poido senón que valorar moi positivamente ista cuestión e desterrar o mito de que en galego non imos a ningures. Ouvintes de toda a xeografía do Estado e de alén dos mares o certifican cada semana.

Por último, destacar que ao través de TTRadio, 80 Vinilos/h será emitido dende a súa primeira edición, todos os luns a partir das as 20:00 h.

Pequeno Monstro.



Audio: Promo 80 Vinilos/h en TTRadio.

2 comentarios:

  1. Pois meus parabéns por os dous programas amigo.
    A verdade e que o mereces, así de craro.
    Apertas.
    Saúdos sintéticos.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Chorby, síntome un pouco raro. É a primeira vez en moitos anos que algunha radio se dirixe a min para pedirme emitir algo propio... ;) Fóra de bromas, a verdade é que non está mal, ao final o que queremos é que nos escoiten e cantos máis mellor. Así que é un estímulo para mellorar e seguir adiante nesto que se fai por amor ao arte, como ben sabes ti Chorby. A ver si me chaman algún día de Radio 3, jajaja ;) Saúdos.

    ResponderEliminar

Comentar é dar vida ao blog. Obrigado!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...