mércores, 8 de outubro de 2014

Radio Redondela súmase a emisión de 80 Vinilos/h


Radio Redondela, 94.9 FM, da rede de emisoras Radiofusión, incorpórase a difusión de 80 Vinilos/h. Súmase así as emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107,9 FM (Compostela) e TT Radio (on line). En Radio Redondela, o espazo terá continuidade quincenal e poderá sintonizarse os xoves entre as 11:00 e 12:00 da noite, ao través do 94.9 FM.

"Radio Redondela, (RR) é un altofalante, unha canle para as mensaxes e reivindicacións de colectivos locais de diverso tipo, na procura da igualdade de xénero, integración social, así como da necesaria promoción da lingua galega... RR, tenta contribuir ao fortalecemento da conciencia cívica da xente, do seu espírito crítico... procurando información interesante esquecidas noutros medios de comunicación".

Radio Redondela, é por tanto o espazo natural de emisión de propostas coma 80 Vinilos/h, un programa non sometido as regras do mercado, sendo o seu único interés a difusión da música estatal dos 80´s, con especial atención as pezas, grupos e solistas máis agochados de "la edad de oro" do pop estatal.

Benvidas, Radio Redondela, 94.9 FM, a cara "b" da música estatal dos 80´s.

Audio promos:

2 comentarios:

  1. Machiño es´ta a acaparar toda as radios libres e comunitarias da Galiza.
    Van deixar de ser "libres". Ja,ja,ja.
    Alédome moito, o mereces de verdade.
    Apertas.
    Saúdos sintéticos.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas!
    o certo é que estamos de parabéns, canto a que todavía podamos contar no dial con esas emisoras resistentes, normalmente pequenas, pero con moita dignidade, donde hai unha responsábel que se toma o tempo de ler un e-mail, escoitar un audio e decidir que cadra na grella. Cando faise isto por simples paixón, anima a seguir coa produzón dos programas sabendo que hai quen pode disfrutar deles despois ao través das ondas. Se é o caso dunha emisora coma a que refiro, e poido aportar algo a ela, fechouse o círulo, así que encantado, con Radio Redondela a verdade, xa son máis das Rias Baixas ca das Altas ;) . Saúde!

    ResponderEliminar

Obrigado polo teu comentario!.
¡Gracias por tu comentario!
Thanks for comment!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...