Amosando publicacións coa etiqueta Episodio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Episodio. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de setembro de 2015

80 Vinilos/h (programa 78)


Edición nº 78 de 80 Vinilos/h.

Neste programa, reatopándonos con tod@s, tras unha pausa necesaria...

Contido:
  •  Ana Curra - Lágrimas, instrumental - extracto- (Maxi, Una noche si ti, 1985).
  •  Betty Troupe - El vinilo -extacto- (Lp. Nuevos Héroes, 1984).
  •  Paraiso - La estrella de al radio (Single. Para ti, 1980).
  •  Aviador DRO - La ciudad en movimiento (Lp. Cromosomas Salvajes, 1985).
  •  Charol - Pajarillos electrónicos (Lp. Charlo, 1980).
  •  Ciudad Jardín - Unas medias negras (Mini Lp. Dáme calidad..., 1987).
  •  Claustrofobia - Rito gitano (Lp. El Silencio, 1986).
  •  Danza Invisible - Mis ojos hacia ti (Maxi, 1983).
  •  Cuerpo Diplomático - Noche de Brujas (Mini Lp. Cartas Credenciales, 1983).
  •  Derribos Árias - Crematorio (Lp. En la Guía en el Listín, 1983).
  •  El Último Sueño - Los muebles están volando (Single. El Silencio de los Cisnes, 1984).
  •  Episodio - Volverte a conocer (Mini Lp. Luces de Ciudad, 1982).
  •  La Mode - En cualquier fiesta (Lp. 1984)

Apresenta e conduce: André "Pequeno Monstro".
Difunden*: Rádio FilispiM (Ferrol), Radio Fene, Radio Eume (As Pontes), Radio Redondela & Radio Negreira.

(*) Para sumarse a emisión, contactar co Pequeno Monstro.

venres, 2 de maio de 2014

80 Vinilos/h (prog. 65) - Enciclopedia Musical Estatal 80s - Vol.20

El Último Sueño. Single (GASA, 1984)

Edición nº 65 de 80 Vinilos/h.

- Volume nº 20 da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s.
de EL ÚLTIMO ESLABÓN  á  EPISODIO.

Contido:

EL ÚLTIMO ESLABÓN.
  •  Sangre Cristiana. (Mini Lp La Condena. Justine Records, 1987).
  •  La Condena (Idem).
EL ÚLTIMO SUEÑO.
  • Perdidos en el túnel del tiempo (Ep. El Túnel del Tiempo. GASA, 1982)
  • No debiste asustarme (Idem).
  • El silencio de los cisnes (Single. GASA, 1984).
ELECTROSHOCK.
  • Estrella (Lp. Electroshock. Movieplay, 1980).
  • Makoki (Idem).
ELLA Y LOS NEUMÁTICOS (Christina Ronsenvinge, Rodrigo de Lorenzo, Lars Mertanen, Edi Clavo & Ángel González).
  • Estrella polar (maqueta, 1980)
  • Pop (maqueta, 1980)
ENCANTOS POSTIZOS.
  • Cosmonauta (Lp. Encantos Postizos. Berrison, 1985).
  • El perdedor (Idem)
EPISODIO.
  • Volverte a conocer (Mini Lp. Luces de Ciudad. MR 1982)
  • Sobre el mar (Single. MR, 1983).
Locución, comentarios e realización técnica: André "Pequeno Monstro".
Emisión: Rádio Filispim, 93.9 FM, libre de Ferrol e TT Radio, online.



domingo, 17 de outubro de 2010

80 Vinilos/h - programa 01

La Mode (Antonio Zancajo, Mario Gil, El Zurdo)

Hoxe, 17 outubro de 2010, inicio unha nova serie de programas baixo o título 80 Vinilos/h. A primeira radio que difundirá esta propostas musical é Rádio FilispiM, emisora/colectivo libre e comunitaria de Ferrol, de cuxo grupo fundacional formo parte desde 2004. Como naqueloutra experiencia comunitaria, este proxecto persoal nace nun contexto mediático/comercial pouco favorecedor as iniciativas expresadas en galego. En 80 Vinilos/h, apostamos polo uso normalizado da lingua propia, coa ventureira intención de abranguer non só o interés local, senón global, coa axuda do nexo desa linguaxe universal que é a música.

Antecedentes. "Adictos al Imperdíble" (Radio Popular de Ferrol).
No ano 1983 acheguéime por vez primeria, de maneira activa, a radio local a través de Radio Popular de Ferrol, que daquela emitía no 88.5 FM desde o seu pequeno e "santo" estudio na Domus Ecclesia do bairro de Canido (Ferrol). Con formato de sección dentro do espazo Meridiano FM, presentado polo director da emisora, Jesús Maillo, nace Adictos al Imperdible, un espazo de trinta minutos con emisión no serán dos venres a través da potente emisora ferrolá.

Unha parte da programación de Radio Popular de Ferrol consistía na emisión duns programas enlatados baixo o nome de "La Radio Feliz", producidos por Nonito Pereira, promotor de tantas boas cousas (sello discográfico Abrente, Noroeste Pop Rock, Productora de radio Nosa) desde o seu laboratório sónico en Coruña. Aqueles especiais producidos nos estudios de La Radio Feliz nada tiñan que envexar ás emisións de Radio 3 (RNE). A cualidade de son de Radio Popular de Ferrol era excelente, chegando a cubrir a cidade herculina, namentres Radio 3 aínda emitía en son monofónico para o noroeste peninsuar desde o 94.5 FM.

Con todas isas referencias radiofónicas (La Radio Feliz, Radio 3, Radio 3, mesmo Radio Cadena Pop) nace o primeiro programa musicalmente irreverente de Ferrolterra, Adictos al Imperdíble, ante o asombro do director da popular emisora ferrolá, que ademáis era cura. Programábamos aos Kaka de Luxe, Siniestro Total, Golpes Bajos, Os Resentidos, CharolOX Pow, Polansky y el Ardor, La Mode, Los Pistones, Los Modelos... A historia de como tres adolescenes rematamos comentando música nos estudios das "ondas populares" na Domus Ecclesia ferrolá será contada noutro capítulo. O director da emisora chegou a alcumarnos "adictos al impermeable", parafrasenado o nome do programa, dadas as molladuras que colliamos naqueles longos invernos camiño á emisora desde o nacente barrio de Ultramar.

A etapa oitentera en Radio Fene.
En Radio Fene, nos anos 2000, houbo tamén ocasión para realizar unha serie de programas con estas músicas dentro do espazo "Divertimento para pequenos monstros", outro dos precedentes desta nova serie de programas que hoxe comeza. Algúns daqueles programas foron dixitalizados e subidos ao este blog (etiqueta: Radio Fene). 

Para rematar esta presentación, desexo lembrar a dous amigos da adolescencia que me acompañaron naquela primeira experiencia radiofónica, "Adictos al Imperdible"Ángel Ávalos e Pedro Martín, veciños do daquela nacente barrio de Ultramar. Ámbolos dous marcharon deste mundo demasiado cedo. Para vós, van adicadas cada unha das edicións do programa que hoxe comeza, 80 Vinilos/h.

*
Programa 01.-

        Sintonía do Programa: ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental (Maxi Una Noche sin ti.            Hispavox, 1986).
  • LA MODE - El Observatorio [Lp. La Evolución de las Costumbres. Nuevos Medios, 1986].
  • LA MODE - En Cualquier Fiesta [Inédita. Programa "La Tarde" - TVE. Directo, cantada por Daniel Ballester].
  • LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Inédita. Video TVE. Directo].
  • LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Lp. homónimo, 1986].
  • LA MODE - Sueño Oriental [Inédita, 1986].
  • LOS PISTONES - Las Siete Menos Cuarto [Maxi homónimo. MR, 1983].
  • LOS PISTONES - No Estás de Suerte [Maxi Las Siente Menos Cuarto. MR, 1983].
  • EPISODIO - Volverte a Conocer [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982].
  • EPISODIO - Sobre el Mar [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982].
  • METRO - El quiere ser tu zombi [Lp. Metro. Citola, 1982].
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol).



venres, 5 de marzo de 2010

80 Vinilos (Cap.06) época Radio Fene (2005)

Los Modelos. Mini Lp

Capítulo 6 da serie 80 Vinilos, dentro do programa Divertimento para pequenos montros, emitido en Radio Fene no ano 2005.

Neste programa escoitamos unha selección do selo independente estatal MR:
  • Episodio, Los Modelos, Estación Victoria e Luna.
Xa no final do programa retomamos a audición de bandas locais do momento, aquel ano 2005:
  • Kobe, Misquious e Quant.
Esta serie de espazos realizados no ano 2005, dentro de Divertimento para pequenos monstros para Radio Fene, son o antecedente de 80 Vinilos/h, programa que autónomamente comezou a funcionar na etapa de Radio FilispiM anos despois e cuxas gravacións atoparedes neste blog.

Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.

mércores, 10 de febreiro de 2010

80 Vinilos (Cap.05) época Radio Fene (2005)

Los Pistones

Capítulo 5 da serie 80 Vinilos, dentro do programa Divertimento para pequenos montros, emitido en Radio Fene no ano 2005.

Neste programa falamos da historia dun dos selos independentes máis interesantes dos 80s, MR, creado por Paco Martín e Julio Ruiz. As iniciais dos seus apelidos conformaron deron nome ao selo, M (Martín) R (Ruiz). Escoitamos unha selección da primeira época deste selo:


  • Episodio (El largo viaje), Los Pistones (Nadie-versión maqueta, Te brillan los ojos), Los Pistones (Las 7 menos cuarto), V2 Berlín (Marquee Moon, versión de Television), Los Modelos (Las gafas negras), 
Xa no final do programa retomamos o pulso ao cenario local, naquel ano 2005: Fer Pinone e Amigos, apresentado `Handle with Care´, e maqueta de banda Kobe

Esta serie de espazos realizados no ano 2005, dentro de Divertimento para pequenos monstros para Radio Fene, son o antecedente de 80 Vinilos/h, programa que autónomamente comezou a funcionar na etapa de Radio FilispiM anos despois e cuxas gravacións atoparedes neste blog.

Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.


Nota: os capítulos do 1 ao 4 están actualmente están perdidos, mais tentaremos localizalos e completar esta serie de "históricos" emitidos no 2005 en Radio Fene.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...