Amosando publicacións coa etiqueta Los Pistones. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Los Pistones. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de outubro de 2012

80 Vinilos/h - programa 41

Portada do 1º recompilatorio de MR (1982).

Edición nº 41 de 80 Vinilos/h, a música estatal dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM. Conduce: Pequeno Monstro. 

Especial selo independiente estatal MR, creado por Paco Martín e Julio Ruiz nos primeiros anos 80s. Escoitamos unha selección de pezas dos seus tres primeiros míticos vinilos recompilatorios:

MAQUETAS [MR, 1982] 

  • Los Modelos [Las gafas negras].
  • Los Pistones [Los Ramones].
  • Los Elegantes [Me debo marchar].
  • Aviador DRO [No tengo boca].
  • El Último Sueño [El fugitivo].

4473910 [MR, 1983] 
  • Los Pistones [Nadie].
  • V2 Berlín [Marquee Moon].
  • Farenheit 451 [Ojos a tu alrededor].
  • Desiertos [El elixir].
  • Luna [Es un sueño].

I LOVE MR [MR, 1983] 
  • Luna [Me quiero marchar].
  • Estación Victoria [Octubre rojo].



mércores, 29 de xuño de 2011

80 Vinilos/h - Programa 36

Detalle portada "Guía Esencial del Punk y la Nueva Ola" (Rock Indiana, 1998)

Edición nº 36 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol], presentado polo Pequeno Monstro.

Escoitamos:
  • MAMÁ - Tu chica no te cree [2º Lp homónimo - Polydor 1982]
  • MAMÁ - Tu chica no te cree [CD El show empieza. Las maquetas - Rock Indiana 2000]
  • MAMÁ - Síguelo/Toca Seguir [CD El show empieza. Las maquetas - Rock Indiana 2000]
  • MAMÁ - Síguelo [2º Lp homónimo - Polydor 1982]
  • HAPPY LOSERS - Un nuevo color [versión peza de Mamá - CD versións Nueva Ola Española - Rock Indiana 1998]
  • MALCONSEJO - Metadona [versión peza de Los Pistones - CD versións Nueva Ola Española - Rock Indiana 1998]
  • LOS PISTONES -Metadona [1º Lp Persecución - MR-Ariola 1983]
  • FEEDBACKS - Me debo marchar [versión peza de Los Elegantes - CD versións Nueva Ola Española - Rock Indiana 1998]
  • LOS ELEGANTES - Me debo marchar [Single Me debo marchar - Record Runner 1982]
  • LOS GRANDES - En primer plano [versión peza de Los Modelos - CD versións Nueva Ola Española - Rock Indiana 1998]
  • LOS MODELOS - En primer plano [MiniLp póstumo MR-Ariola 1983]
  • LOS MODELOS - Las gafas negras [MiniLp póstumo MR-Ariola 1983].


domingo, 17 de outubro de 2010

80 Vinilos/h - programa 01

La Mode (Antonio Zancajo, Mario Gil, El Zurdo)

Hoxe, 17 outubro de 2010, inicio unha nova serie de programas baixo o título 80 Vinilos/h. A primeira radio que difundirá esta propostas musical é Rádio FilispiM, emisora/colectivo libre e comunitaria de Ferrol, de cuxo grupo fundacional formo parte desde 2004. Como naqueloutra experiencia comunitaria, este proxecto persoal nace nun contexto mediático/comercial pouco favorecedor as iniciativas expresadas en galego. En 80 Vinilos/h, apostamos polo uso normalizado da lingua propia, coa ventureira intención de abranguer non só o interés local, senón global, coa axuda do nexo desa linguaxe universal que é a música.

Antecedentes. "Adictos al Imperdíble" (Radio Popular de Ferrol).
No ano 1983 acheguéime por vez primeria, de maneira activa, a radio local a través de Radio Popular de Ferrol, que daquela emitía no 88.5 FM desde o seu pequeno e "santo" estudio na Domus Ecclesia do bairro de Canido (Ferrol). Con formato de sección dentro do espazo Meridiano FM, presentado polo director da emisora, Jesús Maillo, nace Adictos al Imperdible, un espazo de trinta minutos con emisión no serán dos venres a través da potente emisora ferrolá.

Unha parte da programación de Radio Popular de Ferrol consistía na emisión duns programas enlatados baixo o nome de "La Radio Feliz", producidos por Nonito Pereira, promotor de tantas boas cousas (sello discográfico Abrente, Noroeste Pop Rock, Productora de radio Nosa) desde o seu laboratório sónico en Coruña. Aqueles especiais producidos nos estudios de La Radio Feliz nada tiñan que envexar ás emisións de Radio 3 (RNE). A cualidade de son de Radio Popular de Ferrol era excelente, chegando a cubrir a cidade herculina, namentres Radio 3 aínda emitía en son monofónico para o noroeste peninsuar desde o 94.5 FM.

Con todas isas referencias radiofónicas (La Radio Feliz, Radio 3, Radio 3, mesmo Radio Cadena Pop) nace o primeiro programa musicalmente irreverente de Ferrolterra, Adictos al Imperdíble, ante o asombro do director da popular emisora ferrolá, que ademáis era cura. Programábamos aos Kaka de Luxe, Siniestro Total, Golpes Bajos, Os Resentidos, CharolOX Pow, Polansky y el Ardor, La Mode, Los Pistones, Los Modelos... A historia de como tres adolescenes rematamos comentando música nos estudios das "ondas populares" na Domus Ecclesia ferrolá será contada noutro capítulo. O director da emisora chegou a alcumarnos "adictos al impermeable", parafrasenado o nome do programa, dadas as molladuras que colliamos naqueles longos invernos camiño á emisora desde o nacente barrio de Ultramar.

A etapa oitentera en Radio Fene.
En Radio Fene, nos anos 2000, houbo tamén ocasión para realizar unha serie de programas con estas músicas dentro do espazo "Divertimento para pequenos monstros", outro dos precedentes desta nova serie de programas que hoxe comeza. Algúns daqueles programas foron dixitalizados e subidos ao este blog (etiqueta: Radio Fene). 

Para rematar esta presentación, desexo lembrar a dous amigos da adolescencia que me acompañaron naquela primeira experiencia radiofónica, "Adictos al Imperdible"Ángel Ávalos e Pedro Martín, veciños do daquela nacente barrio de Ultramar. Ámbolos dous marcharon deste mundo demasiado cedo. Para vós, van adicadas cada unha das edicións do programa que hoxe comeza, 80 Vinilos/h.

*
Programa 01.-

        Sintonía do Programa: ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental (Maxi Una Noche sin ti.            Hispavox, 1986).
  • LA MODE - El Observatorio [Lp. La Evolución de las Costumbres. Nuevos Medios, 1986].
  • LA MODE - En Cualquier Fiesta [Inédita. Programa "La Tarde" - TVE. Directo, cantada por Daniel Ballester].
  • LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Inédita. Video TVE. Directo].
  • LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Lp. homónimo, 1986].
  • LA MODE - Sueño Oriental [Inédita, 1986].
  • LOS PISTONES - Las Siete Menos Cuarto [Maxi homónimo. MR, 1983].
  • LOS PISTONES - No Estás de Suerte [Maxi Las Siente Menos Cuarto. MR, 1983].
  • EPISODIO - Volverte a Conocer [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982].
  • EPISODIO - Sobre el Mar [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982].
  • METRO - El quiere ser tu zombi [Lp. Metro. Citola, 1982].
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol).



mércores, 10 de febreiro de 2010

80 Vinilos (Cap.05) época Radio Fene (2005)

Los Pistones

Capítulo 5 da serie 80 Vinilos, dentro do programa Divertimento para pequenos montros, emitido en Radio Fene no ano 2005.

Neste programa falamos da historia dun dos selos independentes máis interesantes dos 80s, MR, creado por Paco Martín e Julio Ruiz. As iniciais dos seus apelidos conformaron deron nome ao selo, M (Martín) R (Ruiz). Escoitamos unha selección da primeira época deste selo:


  • Episodio (El largo viaje), Los Pistones (Nadie-versión maqueta, Te brillan los ojos), Los Pistones (Las 7 menos cuarto), V2 Berlín (Marquee Moon, versión de Television), Los Modelos (Las gafas negras), 
Xa no final do programa retomamos o pulso ao cenario local, naquel ano 2005: Fer Pinone e Amigos, apresentado `Handle with Care´, e maqueta de banda Kobe

Esta serie de espazos realizados no ano 2005, dentro de Divertimento para pequenos monstros para Radio Fene, son o antecedente de 80 Vinilos/h, programa que autónomamente comezou a funcionar na etapa de Radio FilispiM anos despois e cuxas gravacións atoparedes neste blog.

Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.


Nota: os capítulos do 1 ao 4 están actualmente están perdidos, mais tentaremos localizalos e completar esta serie de "históricos" emitidos no 2005 en Radio Fene.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...