Amosando publicacións coa etiqueta V2 Berlín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta V2 Berlín. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de outubro de 2012

80 Vinilos/h - programa 41

Portada do 1º recompilatorio de MR (1982).

Edición nº 41 de 80 Vinilos/h, a música estatal dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM. Conduce: Pequeno Monstro. 

Especial selo independiente estatal MR, creado por Paco Martín e Julio Ruiz nos primeiros anos 80s. Escoitamos unha selección de pezas dos seus tres primeiros míticos vinilos recompilatorios:

MAQUETAS [MR, 1982] 

  • Los Modelos [Las gafas negras].
  • Los Pistones [Los Ramones].
  • Los Elegantes [Me debo marchar].
  • Aviador DRO [No tengo boca].
  • El Último Sueño [El fugitivo].

4473910 [MR, 1983] 
  • Los Pistones [Nadie].
  • V2 Berlín [Marquee Moon].
  • Farenheit 451 [Ojos a tu alrededor].
  • Desiertos [El elixir].
  • Luna [Es un sueño].

I LOVE MR [MR, 1983] 
  • Luna [Me quiero marchar].
  • Estación Victoria [Octubre rojo].



mércores, 10 de febreiro de 2010

80 Vinilos (Cap.05) época Radio Fene (2005)

Los Pistones

Capítulo 5 da serie 80 Vinilos, dentro do programa Divertimento para pequenos montros, emitido en Radio Fene no ano 2005.

Neste programa falamos da historia dun dos selos independentes máis interesantes dos 80s, MR, creado por Paco Martín e Julio Ruiz. As iniciais dos seus apelidos conformaron deron nome ao selo, M (Martín) R (Ruiz). Escoitamos unha selección da primeira época deste selo:


  • Episodio (El largo viaje), Los Pistones (Nadie-versión maqueta, Te brillan los ojos), Los Pistones (Las 7 menos cuarto), V2 Berlín (Marquee Moon, versión de Television), Los Modelos (Las gafas negras), 
Xa no final do programa retomamos o pulso ao cenario local, naquel ano 2005: Fer Pinone e Amigos, apresentado `Handle with Care´, e maqueta de banda Kobe

Esta serie de espazos realizados no ano 2005, dentro de Divertimento para pequenos monstros para Radio Fene, son o antecedente de 80 Vinilos/h, programa que autónomamente comezou a funcionar na etapa de Radio FilispiM anos despois e cuxas gravacións atoparedes neste blog.

Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.


Nota: os capítulos do 1 ao 4 están actualmente están perdidos, mais tentaremos localizalos e completar esta serie de "históricos" emitidos no 2005 en Radio Fene.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...