Radio Redondela, 94.9 FM, da rede de emisoras Radiofusión, incorpórase a difusión de 80 Vinilos/h. Súmase así as emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol), Rádio Kalimera, 107,9 FM (Compostela) e TT Radio (on line). En Radio Redondela, o espazo terá continuidade quincenal e poderá sintonizarse os xoves entre as 11:00 e 12:00 da noite, ao través do 94.9 FM.
"Radio Redondela, (RR) é un altofalante, unha canle para as mensaxes e reivindicacións de colectivos locais de diverso tipo, na procura da igualdade de xénero, integración social, así como da necesaria promoción da lingua galega... RR, tenta contribuir ao fortalecemento da conciencia cívica da xente, do seu espírito crítico... procurando información interesante esquecidas noutros medios de comunicación".
Radio Redondela, é por tanto o espazo natural de emisión de propostas coma 80 Vinilos/h, un programa non sometido as regras do mercado, sendo o seu único interés a difusión da música estatal dos 80´s, con especial atención as pezas, grupos e solistas máis agochados de "la edad de oro" do pop estatal.
Benvidas, Radio Redondela, 94.9 FM, a cara "b" da música estatal dos 80´s.
Audio promos: