sábado, 30 de outubro de 2010

80 Vinilos/h - programa 02

Kikí D´akí (Single, Rara Avis, 1983)


Segunda edición do programa 80 Vinilos/h

Neste programa:
  •  METRO - No es extraña? [Mini Lp. Acuario, 1986]
  •  LOS DRAMATICOS - La decisión [Single, Melodías de ayer y de hoy, 1987]
  •  NACHA POP - Antes de que salga el sol [Lp. Nacha Pop, Hispavox, 1980]
  •  PARAISO - Para ti [Single, Zafiro, 1979]
  •  LA MODE - El único juego en la ciudad [Lp. El Eterno Femenino, Nuevos Medios, 1982]
  •  LA MODE - Aquella chica [Lp. El Eterno Femenino, Nuevos Medios, 1982]
  •  LA MODE [Con Daniel Ballester á voz] - Las fans [Inédita en vivo, 1985]
  •  KIKI D´AKI - Accidente [Single, Rara Avis, 1983]
  •  KIKI D´AKI - El futuro [Maxi, Nuevos Medios, 1984]
  •  KIKI D´AKI - Unidad de destino [Maxi, Nuevos Medios, 1984]
  •  KIKI D´AKI - Hoy te vi [Lp. Villa Flir, Siesta, 2006]
Selección musical, comentarios e control técnico de son: Pequeno Monstro.
Emision: Rádio FilispiM.




A túa radio está interesada en redifundir este programa?. Contacta co Pequeno Monstro.

domingo, 17 de outubro de 2010

80 Vinilos/h - programa 01

La Mode (Antonio Zancajo, Mario Gil, El Zurdo)

Hoxe, 17 outubro de 2010, inicio unha nova serie de programas baixo o título 80 Vinilos/h. A primeira radio que difundirá esta propostas musical é Rádio FilispiM, emisora/colectivo libre e comunitaria de Ferrol, de cuxo grupo fundacional formo parte desde 2004. Como naqueloutra experiencia comunitaria, este proxecto persoal nace nun contexto mediático/comercial pouco favorecedor as iniciativas expresadas en galego. En 80 Vinilos/h, apostamos polo uso normalizado da lingua propia, coa ventureira intención de abranguer non só o interés local, senón global, coa axuda do nexo desa linguaxe universal que é a música.

Antecedentes. "Adictos al Imperdíble" (Radio Popular de Ferrol).
No ano 1983 acheguéime por vez primeria, de maneira activa, a radio local a través de Radio Popular de Ferrol, que daquela emitía no 88.5 FM desde o seu pequeno e "santo" estudio na Domus Ecclesia do bairro de Canido (Ferrol). Con formato de sección dentro do espazo Meridiano FM, presentado polo director da emisora, Jesús Maillo, nace Adictos al Imperdible, un espazo de trinta minutos con emisión no serán dos venres a través da potente emisora ferrolá.

Unha parte da programación de Radio Popular de Ferrol consistía na emisión duns programas enlatados baixo o nome de "La Radio Feliz", producidos por Nonito Pereira, promotor de tantas boas cousas (sello discográfico Abrente, Noroeste Pop Rock, Productora de radio Nosa) desde o seu laboratório sónico en Coruña. Aqueles especiais producidos nos estudios de La Radio Feliz nada tiñan que envexar ás emisións de Radio 3 (RNE). A cualidade de son de Radio Popular de Ferrol era excelente, chegando a cubrir a cidade herculina, namentres Radio 3 aínda emitía en son monofónico para o noroeste peninsuar desde o 94.5 FM.

Con todas isas referencias radiofónicas (La Radio Feliz, Radio 3, Radio 3, mesmo Radio Cadena Pop) nace o primeiro programa musicalmente irreverente de Ferrolterra, Adictos al Imperdíble, ante o asombro do director da popular emisora ferrolá, que ademáis era cura. Programábamos aos Kaka de Luxe, Siniestro Total, Golpes Bajos, Os Resentidos, CharolOX Pow, Polansky y el Ardor, La Mode, Los Pistones, Los Modelos... A historia de como tres adolescenes rematamos comentando música nos estudios das "ondas populares" na Domus Ecclesia ferrolá será contada noutro capítulo. O director da emisora chegou a alcumarnos "adictos al impermeable", parafrasenado o nome do programa, dadas as molladuras que colliamos naqueles longos invernos camiño á emisora desde o nacente barrio de Ultramar.

A etapa oitentera en Radio Fene.
En Radio Fene, nos anos 2000, houbo tamén ocasión para realizar unha serie de programas con estas músicas dentro do espazo "Divertimento para pequenos monstros", outro dos precedentes desta nova serie de programas que hoxe comeza. Algúns daqueles programas foron dixitalizados e subidos ao este blog (etiqueta: Radio Fene). 

Para rematar esta presentación, desexo lembrar a dous amigos da adolescencia que me acompañaron naquela primeira experiencia radiofónica, "Adictos al Imperdible"Ángel Ávalos e Pedro Martín, veciños do daquela nacente barrio de Ultramar. Ámbolos dous marcharon deste mundo demasiado cedo. Para vós, van adicadas cada unha das edicións do programa que hoxe comeza, 80 Vinilos/h.

*
Programa 01.-

        Sintonía do Programa: ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental (Maxi Una Noche sin ti.            Hispavox, 1986).
  • LA MODE - El Observatorio [Lp. La Evolución de las Costumbres. Nuevos Medios, 1986].
  • LA MODE - En Cualquier Fiesta [Inédita. Programa "La Tarde" - TVE. Directo, cantada por Daniel Ballester].
  • LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Inédita. Video TVE. Directo].
  • LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Lp. homónimo, 1986].
  • LA MODE - Sueño Oriental [Inédita, 1986].
  • LOS PISTONES - Las Siete Menos Cuarto [Maxi homónimo. MR, 1983].
  • LOS PISTONES - No Estás de Suerte [Maxi Las Siente Menos Cuarto. MR, 1983].
  • EPISODIO - Volverte a Conocer [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982].
  • EPISODIO - Sobre el Mar [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982].
  • METRO - El quiere ser tu zombi [Lp. Metro. Citola, 1982].
Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol).



xoves, 22 de abril de 2010

80 Vinilos (Cap.10) época Radio Fene (2005)

Décima Víctima

Capítulo 10 da serie 80 Vinilos, dentro do programa Divertimento para pequenos montros, emitido en Radio Fene no ano 2005.

Neste programa escoitamos unha selección moi interesante...
  • Tino Casal, Academia Parabuten, Paralisis Permanente, Gabinete Caligari, Décima Víctima e Ecodalia. 
Xa no final do programa escoitamos algunha "incidencia sonora" e retomamos a audición de bandas locais do momento, naquel 2005...
  • Andrew Poppy 
  • La Nev Diva (Colectivo ferrolá La Nevera) 
Esta serie de espazos realizados no ano 2005, dentro de Divertimento para pequenos monstros para Radio Fene, son o antecedente de 80 Vinilos/h, programa que autónomamente comezou a funcionar na etapa de Radio FilispiM anos despois e cuxas gravacións atoparedes neste blog.

Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.

mércores, 14 de abril de 2010

80 Vinilos (Cap.09) época Radio Fene (2005)

Polansky y el Ardor

Capítulo 9 da serie 80 Vinilos, dentro do programa Divertimento para pequenos montros, emitido en Radio Fene no ano 2005.

Neste programa escoitamos unha selección de pezas das bandas:

  • Sector B
  • Polanski y el Ardor.
Xa no final do programa diriximos a nosa mirada ao que acontecía daquela, 2005, no cenario musical local escoitando pezas de:
  • La Nev Diva (ex Misquious)
  • Traje de Saliva 
  • Nolotil + Soma
Esta serie de espazos realizados no ano 2005, dentro de Divertimento para pequenos monstros para Radio Fene, son o antecedente de 80 Vinilos/h, programa que autónomamente comezou a funcionar na etapa de Radio FilispiM anos despois e cuxas gravacións atoparedes neste blog.

Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.

martes, 23 de marzo de 2010

80 Vinilos (Cap.08) época Radio Fene (2005)

Eduardo Benavente (Parálisis Permanente)

Capítulo 8 da serie 80 Vinilos, dentro do programa Divertimento para pequenos montros, emitido en Radio Fene no ano 2005.

Neste programa escoitamos unha selección de músicas con especial intensidade...
  • Parálisis Permanente (Quiero ser santa, Héroes, Autosuficiencia, Quiero ser tu perro), Danza Invisible (Asi marchamos a la Gloria), Tino Casal (Pájaros), Ariel Roth (Peces), La Mode (La Cólera, Panorama).
  • Xa no final do programa diriximos a nosa mirada ao que acontecía daquela, 2005, no cenario musical local. Falamos do festival Fervesteiro e escoitamos música dos ferroláns Herman Blues. Ademáis, ouvimos un extracto das actuacións do II Festival Conspirando unha radio libre (ano 2005), levado ao cabo no novo local da Fundaçom Artábria en Esteiro, un corte da actuación do ferrolán Bladi. Lembramos que naquela II edición do `Conspirando´ (do Colectivo Opaii! para a activación de Rádio FilispiM), actuaron ademáis Kobe e Misquious

Esta serie de espazos realizados no ano 2005, dentro de Divertimento para pequenos monstros para Radio Fene, son o antecedente de 80 Vinilos/h, programa que autónomamente comezou a funcionar na etapa de Radio FilispiM anos despois e cuxas gravacións atoparedes neste blog.

Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.

venres, 12 de marzo de 2010

80 Vinilos (Cap.07) época Radio Fene (2005)

Nacidos para dominar / Sangre (Tres Cipreses, 1983)

Capítulo 7 da serie 80 Vinilos, dentro do programa Divertimento para pequenos montros, emitido en Radio Fene no ano 2005.

Neste programa escoitamos unha selección dentro da onda sinistra estatal:
  • Dinarama, Parálisis Permanente, Cámara e Los Monaguillosh. 
Xa no final do programa retomamos a audición de bandas locais do momento, aquel ano 2005:
  • Fer Pinone, Noelia Santos, Kobe e Misquious. 
Esta serie de espazos realizados no ano 2005, dentro de Divertimento para pequenos monstros para Radio Fene, son o antecedente de 80 Vinilos/h, programa que autónomamente comezou a funcionar na etapa de Radio FilispiM anos despois e cuxas gravacións atoparedes neste blog.

Conduce e apresenta: Pequeno Monstro.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...