luns, 23 de setembro de 2013

Regresa 80 Vinilos/h, un programa redondo que pincha.

Expectación ante a volta de 80 Vinilos/h as ondas

Unha tempada máis regresa 80 Vinilos/h, o programa da música estatal dos 80´s. Nova sintonía, novas intencións, novos enfoques que tentarán lle dar un novo ár ao espazo que apresenta o Pequeno Monstro. Para quen segue o espazo en directo dende Ferrolterra, istes son os novos horarios na Rádio FilispiM, 93.9 FM: domingos de 15:00 á 16:00 h. e xoves de 23:00 á 24:00 h.

Ista proposta está aberta a emisión por outras radios sen ánimo de lucro, que previamente o comuniquen ao Pequeno Monstro, responsábel do espazo. A emisión pode seguirse, igualmente, vía streaming para todo o mundo ao través deste blog, ou mesmo do blog de Rádio Filispim, http://opaii.blogspot.com. Como xa é habitual, o podcast do espazo estará disponible cada semana vía Ivoox para súa escoita/descarga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Obrigado polo teu comentario!.
¡Gracias por tu comentario!
Thanks for comment!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...